A calidade da carne de vacún non é un accidente; é o resultado dunha delicada…
Razas autónomas galegas: a Frieiresa e a Limiá
A raza Frieiresa toma o seu nome da comarca natural de “As Frieiras” que comprende áreas dos concellos ourensáns da Gudiña, A Mezquita, e en concreto dos pobos da Canda, Castromil, Santigoso, Cádavos, Manzalvos, Esculqueira e Chaguazoso na Mezquita, e de Tameirón e Ou Cañizo na Gudiña.
Distribuída pola xeografía galega, destacando a provincia de Ourense, pero con rabaños de gran número de exemplares en Lugo, e introducíndose nas provincias da Coruña e Pontevedra. É a raza de menor censo das denominadas Morenas Galegas, xusto detrás da raza Limiá.
O prototipo racial axústase a animais de perfil subcóncavo a cóncavo, de tamaño mediano a grande e proporcións longilíneas cunha tendencia á convexidade nas masas musculares. A capa é castaña lavada, máis escura nos machos e máis clara nos animais novos. Outra característica para destacar na raza é o pelo longo da rexión frontal, “ Guedella”, máis abundante en machos. Pelo moi abundante en borlón de cola.
Os machos adultos pesan de media 860 Kg. e as femias 600 Kg., cunha alzada á cruz de 131-156 cm. e 128-145 cm. respectivamente.
Na actualidade a súa aptitude é a produción cárnica. Non existe uso actual nas actividades agrícolas como animal de tracción e/ou traballo.
Raza rústica, adaptada perfectamente a climas extremos, de acordo á súa zona de orixe, con veráns moi calorosos e secos e invernos de temperaturas extremadamente baixas. Animais de fácil manexo e mansedumbre, comportamento herdado do seu traballo outrora en faenas agrícolas.
Sistema de explotación en extensivo totalmente ou semiextensivo, con pastoreo diúrno e noite na explotación. Os tenreiros acompañan ás súas nais desde o seu nacemento.
A raza Limiá toma o seu nome dunha das dúas comarcas naturais do sur da provincia de Ourense, concretamente, A Limia.
A raza Limiá agrupa animais hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e perfil subcóncavo ou cóncavo, considerándose como unha das mellores dotadas para a produción de carne, sen esquecer a súa boa aptitude para o traballo, que aínda segue realizando nas pequenas explotacións agrícolas da comarca. A cor da capa é castaño, máis escuro no terzo anterior e halo esbrancuxado ao redor do morro.
Os machos adultos pesan en media 925 kg e as femias 490 kg, cunha alzada á cruz de 143 cm e 137 cm, respectivamente.
Estado actual das razas autóctonas de Galicia
As razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción conseguiron aumentar os seus censos entre un 1,4% e un 25,4% no último ano. Así as cinco razas bovinas rexistraron en conxunto un aumento de 164 exemplares, pasando de 11.274 exemplares no 2017 a 11.438 a finais de 2018, 1,4% máis. Dentro delas a Limiá conta con 1.252 exemplares en 37 explotacións; a Calchena 4.857 animais en 150 explotacións, a Vianesa 2.904 animais de 77 explotacións, a Caldelá 1.510 animais de 48 granxas e a Frieiresa 915 cabezas de 28 ganderías.
Esta evolución positiva destas razas é froito dos programas que se están levando a cabo desde a administración e as entidades que xestionan cada unha das razas, como son a Federación de Razas Autóctonas de Galicia ( Boaga) e as asociacións que a integran.