Skip to content

Razas autóctonas galegas: a Vianesa

Son animais moi vigorosos, cunha gran adaptación ao medio. O seu nome deriva de Viana do Bolo, capital da súa comarca de orixe, O Bolo.

As condicións orográficas desta zona montañosa da provincia de Ourense dificultaron a maquinización agrícola e permitiron os sistemas de explotacións tradicionais, necesitados de animais de tripla aptitude: traballo, carne e leite; polo que esta raza gozou noutros tempos do maior censo das morenas galegas.

A súa cabeza é pequena, con cara alongada e estreita no morro, onde presenta mucosas escuras e orla esbrancuxada. Son características as abundantes formacións de pelo sobre a fronte os denominados “ flequillos” e tamén nos pavillóns auditivos, os denominados pendentes.

O peso medio é de 560 kg para as femias e 850 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 132 cm para as femias e 138 cm para os machos.

O tronco é amplo, con liña dorsolumbar horizontal ou en lixeira inclinación cara á grupa. Capa castaña con expresións máis escuras nos touros e máis claras ou louras nos tenreiros.

Ás calidades propias de todas as razas rústicas, perfectamente adaptada ao medio montañoso e ás particularidades climáticas, hai que sumar as súas boas calidades maternais, principalmente a produción leiteira, que se traduce nun alto ritmo de crecemento nos tenreiros e garante unha mellor clasificación das canles.

O sistema de explotación segue pausas tradicionais, coa fórmula mixta de estabulación durante a fase de climatoloxía adversa, e de pastoreo sobre prados, pasteiros e áreas de bosque e matogueira ao final da primavera, verán e parte do outono. Soamente o gañado empregado nas faenas agrícolas e os tenreiros de recría durante a súa preparación para o mercado reciben complementos de concentrados.

Back To Top