skip to Main Content

Os provedores son fundamentais no óptimo funcionamento da cadea, por este motivo en Frigoríficos Bandeira promovemos o mantemento dunhas relacións de confianza, sólidas e abertas, buscando un beneficio mutuo para todos a longo prazo.

En Frigoríficos Bandeira, aproximadamente un 35% do gando sacrificado adquírese en feiras ó poxas. O resto, entran directamente nas nosas instalacións grazas nosos máis leais provedores que, dedican a maior parte da súa xornada para visitar, por toda a xeografía galega, todas e cada unha das explotacións, e elixen as mellores vacas, os bois máis selectos, os animais mellor coidados.

Os nosos provedores son un dos alicerces básicos do noso prestixio e tamén do noso éxito, é de xustiza compartilo con eles.

“Só cos líderes pódese ser o primeiro”

Se queres ser o noso provedor cumplimenta o seguinte FORMULARIO DE ALTA DE PROVEDOR.

    Back To Top