COMPROMISO DA DIRECCIÓN DA EMPRESA
En Frigoríficos Bandeira S.L. conscientes de que a xestión empresarial ten que estar en consonancia coas necesidades e demandas da sociedade, asumimos o compromiso para a elaboración dun PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MUJERES E HOMES, con suxeición absoluta á integración do principio de igualdade de trato e oportunidades, tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2007 para a Igualdade Efectiva de Mujeres e Homes cuxos obxectivos fundamentais son os seguintes:
- Eliminar as desigualdades que poidan persistir no ámbito do acceso ao emprego, da carreira profesional e da representatividade.
- Apoiar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e o exercicio corresponsable dos dereitos.
- Prestar unha especial atención á prevención da violencia e do acoso, así como a aquelas situacións que necesitan especial protección, como as requiridas polas vítimas de violencia de xénero.
Afrontamos así a modernización do noso sistema de xestión empresarial que producirá sen lugar a dúbida unha estrutura interna e unhas relacións coa sociedade na que as nosas accións estean libres de discriminacións por razón de sexo, contribuíndo ao avance cara a unha sociedade na que a igualdade sexa real e efectiva.