A calidade, o noso maior empeño
A calidade constitúe o noso principal obxectivo, para o que Frigoríficos Bandeira S. L., selecciona os mellores exemplares, coidando ao máximo todo o proceso de sacrificio e despezamento. Todo o xénero está sometido a controis de calidade moi rigorosos, tanto internos como externos, que permiten a obtención dun produto óptimo que ofrecer aos nosos clientes.
A nosa firma cumpre con todos os parámetros e esixencias legais, tanto a nivel sanitario como de calidade, alcanzando a mellor aptitude para distribuír carne de vacún maior no continente europeo e en terceiros países en tempos e procesos moi competitivos.

Selo de calidade IXP vaca e boi de Galicia, o noso compromiso con Galicia.
Defendemos a máxima calidade como imaxe de marca, sendo esta noso principal valor engadido, signo de distinción que nos permitiu alcanzar o recoñecemento e confianza do mercado.
Frigoríficos Bandeira, S. L. é membro do consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia que pon en valor a calidade da carne procedente de vacas e bois cuxo nacemento, crianza, engorde e sacrifico levou a cabo en Galicia.
Esta certificación proclama que a carne fresca así etiquetada procede de vacas e bois da comunidade autónoma galega e que reúnen unha serie de esixentes características relativas á súa conformación e engrasamiento.