skip to Main Content

Mercamadrid, un mundo aparte

Aínda que xa estabamos presentes en Mercamadrid, foi no ano 2015 cando inauguramos o noso módulo de venda de produtos cárnicos, cunha superficie de mil metros cadrados. Nestas modernas instalacións Frigoríficos Bandeira conta con sala de despezamento, envasado e conservación de carne.

Como non podía ser doutra maneira, estamos instalados no Mercado de Carnes, o cal entrou en pleno funcionamento no ano 1999. Este Mercado tivo unha gran acollida por parte dos comercializadores de produtos cárnicos da Comunidad de Madrid; así como, entre os operadores pertencentes a todo a área de influencia da Unidade Alimentaria Mercamadrid.

Nesta gran área hai instaladas actualmente 70 empresas cárnicas que comercializamos máis de 415.000 toneladas de produtos ao ano e atendemos a unha demanda de máis de 7.000 clientes da distribución comercial, restauración e hostalería.

Mercamadrid, en cifras

Mercamadrid é un dos centros de distribución, comercialización, transformación e loxística de alimentos frescos máis importantes de Europa. Está xestionado pola empresa mixta Mercamadrid, SA, cuxos accionistas son o Concello de Madrid e Mercasa. Ocupa 222 hectáreas, onde hai instaladas 800 empresas comercia¬ lizadoras. En 2016 Mercamadrid comercializou 2,5 millóns de toneladas de produtos de alimentación fresca. Acceden ás súas instalacións 20.000 persoas de media diaria para adquirir e comercializar produto fresco procedente de 50 países e distribuílo aos cinco continentes. Na actualidade abastece a 12 millóns de consumidores nunha área de influencia de 500 quilómetros.

Este mercado é unha das Unidades Alimentarias referentes no panorama internacional, grazas non só ás infraestruturas e servizos dispoñibles, senón moi especialmente, grazas á importante actividade e dinamismo que as empresas instaladas están a demostrar nos últimos tempos.

Mercamadrid reúne, ademais do Mercado de Carne onde está Frigoríficos Bandeira, aos Mercados Centrais de Peixes, Froitas e Hortalizas de Madrid, empresas polivalentes especializadas no sector alimentario e a un amplo rango de empresas de servizos: frío industrial, conservación, loxística, transportes, manipulación, etc.

Back To Top