A industria cárnica galega é unha das máis antigas e respectadas en España, cunha historia…
Martín Berasategui: “a carne que entra nos meus restaurantes é do matadoiro de Bandeira”
Martín Berasategui, un dos mellores cociñeiros do mundo, cuxos restaurantes están distinguidos con dez estrelas Michelin, estivo estes días por Galicia e concedeu unha entrevista ao xornal O Correo Galego. Aquí deixámosvos unha pequena recensión e máis abaixo deixámosvos a ligazón onde a podedes ler integramente.
Teño unha veneración pola cociña que se está facendo en Galicia, polos produtos que tedes e polo templo da materia prima que vexo cada vez que veño. Estiven hai poucas semanas aquí, en Negreira, co meu amigo Rogelio, de Casa Barqueiro: fixo unha comida que me emocionou; ao día seguinte tiven outra que tamén me emocionou, distinta, en Culler de Pau. Fun a unha cea con produto do mar que foi espectacular. E teño grandes amigos, como Rogelio ou como Javier Oleiros, que xa despuntaba cando estudou na miña casa. Ademais, coñezo a moitos produtores: a carne que entra nos meus restaurantes é do matadoiro de Bandeira; e tamén chegan de Galicia verduras e moitos produtos da mar. Estamos ante o mellor momento de saúde que tivo nunca a cociña galega. Fixen 4 comidas, as catro distintas, e todas me tocaron o tilín do padal e do corazón.
En máis dunha ocasión tivemos a honra de recibir nas instalacións de Frigoríficos Bandeira a Martín Berasategui.
Aquí podes ler ⇒ a entrevista a Martín Berasategui no Correo Galego