O pasado mes de febreiro produciuse de forma simultánea en tres matadoiros da Comunidade Autónoma…
A conselleira de Medio Rural visita as instalacións de Frigoríficos Bandeira
Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Rural e o presidente de Tenreira Galega Jesús González, visitaron as nosas instalacións como marca referente en canles de vacún maior que se comercializarán baixo o selo Vaca e Boi de Galicia.
Este selo é unha nova indicación xeográfica protexida elaborada pola Xunta de Galicia e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega cuxa finalidade será distinguir o vacún maior procedente das principais razas de Galicia para mellorar a transparencia e as garantías de calidade e orixe. Esta distinción poderase aplicar tanto ás explotacións lácteas como de vacún de carne das razas Loura Galega, Morena do Noroeste, Asturiana dos Vales, Limusina, Loura de Aquitania e Frisoa.
Frigoríficos Bandeira, con máis de 48.000 reses sacrificadas ao ano, convértese nun enclave determinante para este selo.
Fonte imaxe: La Voz de Galicia