A industria cárnica galega é unha das máis antigas e respectadas en España, cunha historia…
Frigoríficos Bandeira xa dispón de tenda online
Como diciamos no artigo anterior una das consecuencias que trouxo esta crise foi a instauración do proceso de venda online que xa temos en marcha na nosa web (www.frigobandeira.com). Este novo modo de comercialización chegou para quedar e é unha nova canle de venda de Frigoríficos Bandeira. Para comezar iniciamos esta nova experiencia enviando os nosos produtos unicamente á Península, sendo nosa intención ir ampliando lugares co tempo.
O noso compromiso cos clientes circunscríbese a que a calidade segue constituíndo o noso principal obxectivo, polo que seleccionamos os mellores exemplares, coidando ao máximo todo o proceso de sacrificio e despezamento, para obter un produto óptimo que ofrecerlles.
Defendemos a máxima calidade como imaxe de marca, sendo este noso principal valor engadido, signo de distinción que nos permitiu alcanzar o recoñecemento e confianza dos mercados, tanto nacionais como internacionais.
Mediante esta tenda queremos seguir ofrecendo ao consumidor a mellor carne, o sabor, a tenrura e o aroma únicos de Bandeira, carne de vacún 100 por 100 Bandeira.