Skip to content
Cocido De Lalín

Frigoríficos Bandeira, patrocinador do cocido de Lalín

Frigoríficos Bandeira asinou un convenio de colaboración institucional co Concello de Lalín como patrocinadores do Cocido de Lalín.

O mes do Cocido de Lalín arrincou o pasado día 15 de xaneiro e dura ata o mes de febreiro, como di o refrán: “De San Amaro a San Valentín, mes do Cocido en Lalín”.

As orixes da feira do cocido de Lalín, que se celebra o domingo anterior ao domingo de entroido, atópanse na reunión que os alcaldes da comarca de Deza tiveron en 1968 destinada a atopar estratexias de difusión e comercialización dos produtos típicos da gastronomía da comarca. A festa compleméntase cunha serie de actos festivos como bailes e desfile de carrozas.

Back To Top