Skip to content
Empresa Global 2022

FRIGORÍFICOS BANDEIRA alcanza os indicadores ARDÁN de “EMPRESA GLOBAL 2022” e “EMPRESA XERADORA DE RIQUEZA 2022”

Hai uns días recibiamos a boa noticia de que Frigoríficos Bandeira, s.l., alcanzara os indicadores ARDÁN de “EMPRESA GLOGAL 2022” e “EMPRESA XERADORA DE RIQUEZA 2022”.

As “Empresas Globais” son aquelas que presentan valores elevados en magnitudes directamente relacionadas co proceso de internacionalización, tales como o número de clientes estranxeiros, número de países aos que exporta, volume de exportacións fóra da UE, establecementos no exterior e persoal dedicado a tarefas de internacionalización.

As “Empresas Xeradoras de Riqueza” presentan un EVA (Economic Value Added) superior a 150.000 euros no primeiro ano e un crecemento superior ao 10% durante os tres anos consecutivos.

Os indicadores ARDÁN baséanse nunha metodoloxía apoiada por grupos de investigación do ámbito universitario e revísanse e actualizan cada ano. Estes estudos pretenden, por unha banda, analizar a realidade empresarial e por outro, proporcionar ás empresas instrumentos de medición para un mellor posicionamento estratéxico e competitivo.

EMPRESA GLOBAL ARDÁN 2022

EMPRESA XERADORA DE RIQUEZA ARDÁN 2022

Back To Top