Un bo chuletón non é só un pracer gastronómico; detrás de cada bocado atópase unha…
Fake news que afectan á reputación do sector cárnico
Non é algo novo pero o certo é que desde hai algún tempo vimos observando desde Frigoríficos Bandeira con preocupación que aumentan as críticas totalmente infundadas sobre algunhas prácticas que levan a cabo nos matadoiros e que afectan moi negativamente na reputación do sector cárnico
Ditas críticas son totalmente gratuítas e irresponsables e o único que buscan é o lucro e desinformar á poboación polo que, por tratarse dun tema tan serio, vémonos na obrigación de defender a nosa reputación e a de tantos profesionais que día a día desempeñan o seu traballo da mellor maneira posible.
Como é ben sabido a industria cárnica é unha das máis potentes da nosa economía. Cunhas 3.000 empresas que proporcionamos emprego a case 90.000 persoas e cunha facturación de 24.000 millóns de euros. Isto supón que a industria cárnica representa máis do 22% de toda a produción alimentaria española.
Estas cifras reflicten un enérxico sector que afrontou a súa modernización; investiu en innovación e foise adaptando ás novas demandas dos consumidores; satisfixo as esixencias impostas pola competencia noutros mercados; e que soubo internacionalizarse.
Por iso, por tratarse dun tema tan grave e que afecta a tantas persoas, parécenos moi lamentable que se lle dea cancha a certos personaxes, que mesmo escriben libros, cheos de falacias que desinforman e crean moita alerta na poboación.
Ante estas “fake news” tan de moda nos nosos días, xa que son moitos os bulos que circulan pola rede e que, promovidos polos propios consumidores, fanse eco de falsos mitos que acaban afectando á reputación do sector. Por iso dende Frigoríficos Bandeira opinamos que é imprescindible intervir de inmediato na situación, mostrar transparencia e contrarrestar esa desinformación para conseguir que o índice de confianza do consumidor volva restablecerse.
Só nos cabe dicir que protexer o benestar dos animais durante o sacrificio consiste en minimizar a dor, a angustia ou o sufrimento dos animais. Todo o noso persoal, ás ordes dos encargados de benestar animal e da man do departamento de calidade, en concreto o que intervén na condución, estabulación, suxeición, aturdimiento e sacrificio dos animais posúe a preparación e destreza necesarias para levar a cabo estes labores de forma humanitaria, eficaz e profesional.
Todas estas actividades, ademais, están supervisadas por veterinarios oficiais externos, que vixían e controlan de forma moi rigorosa, como non podía ser doutra maneira, que se cumpra a normativa vixente.
Non cabe dúbida que, como en todas as profesións, seguro que existen malas prácticas pero xeneralizar e poñer en dúbida a grandes profesionais e a todo un sector que día a día desempeñan o seu traballo de maneira impecable parécenos inxusto e irresponsable.
Para finalizar, como diciamos noutro artigo deste blog, o benestar animal é unha responsabilidade compartida entre gobernos, comunidades, persoas que coidan e utilizan animais, a sociedade civil, institucións educativas, veterinarios e científicos, en resumo, trátase dunha responsabilidade de todos.