Skip to content

Contén antibióticos a carne que consumimos?

Seguimos falando de bulos ou fakes que tan de moda están nestes tempos. Oímolo miles de veces “comemos filetes con antibióticos”, pois unha mentira repetida mil veces non a converte en verdade. Imos tentar aclarar que ten e que non ten a carne que consumimos.

Se a pregunta é se se usan antibióticos nas explotacións, a contestación é clara e concisa: si se utilizan. Pois claro, é normal, os animais póñense enfermos e hai que tratarlles.

Na granxa, se un animal ponse enfermo contaxiarallo aos demais (como os nosos pequenos no colexio) así que, durante moito tempo, os gandeiros utilizaron antibióticos de forma “preventiva” para evitar isto, mal feito.

Igual que facemos nós coa gripe, durante moitos anos estivéronse prescribindo antibióticos para este tipo de enfermidade, a gripe, mal feito, non serven. Recéitannos antibióticos, pero aos tres días atopámonos ben e deixamos o tratamento. Estas prácticas provocaron que as bacterias se fagan resistentes a algúns antibióticos que temos dispoñibles no mercado.

Volvendo á granxa, esta práctica xerou que as bacterias dos animais tamén se fagan resistentes. A Unión Europea comezou a monitorar a resistencia a antibióticos en produción animal o ano 1999 e prohibiu definitivamente o seu uso como promotores do crecemento no ano 2006. É dicir, na actualidade non poden ser empregados para o engorde dos animais, senón que o seu uso está restrinxido ao tratamento de enfermidades, sempre baixo prescrición veterinaria.

Tamén outros organismos como a Organización Mundial da Saúde lanzan regularmente campañas para concienciar deste problema e informar tanto a profesionais como á poboación xeral. E é que a resistencia a antibióticos non só obedece ás malas prácticas en produción animal. Tamén hai que considerar outras causas, como as deficiencias no control de infeccións en hospitais, a falta de hixiene e, sobre todo, o mal uso e o abuso que nós mesmos facemos dos antibióticos. Non hai que esquecer que aínda hai profesionais sanitarios que prescriben estes medicamentos en exceso e, sobre todo, pacientes que non seguen os tratamentos completos ou que se automedican, mesmo para tratar de combater enfermidades de orixe vírico, contra as que os antibióticos non teñen efectividade algunha, xa que só afectan a bacterias.

Como conclusión podemos dicir que se usan antibióticos nas granxas (agora hai un plan para o consumo racional de antibióticos que está a funcionar moi ben) non significa que eses antibióticos cheguen á cadea de consumo.

Antes de sacrificar ao animal en Frigoríficos Bandeira, é necesario que pase un tempo de seguridade no que o antibiótico se elimina do seu corpo. Analízanse mostras e compróbase que non hai ningún antibiótico que pase os límites que dita a lexislación.

A EFSA (Axencia Europea de Seguridade Alimentaria) recolle mostras aleatorias. No último informe (2018), o 99,8% das mostras analizadas estaban correctas, é dicir, podemos afirmar de maneira clara e rotunda que: NON COMEMOS CARNE CON ANTIBIÓTICOS.

Back To Top