Word Steak Challenge 2018 O pasado día 4 de xullo celebrouse o Concurso Word Steak…
Carne galega de alta expresión
O pasado mes de febreiro produciuse de forma simultánea en tres matadoiros da Comunidade Autónoma galega, entre eles o noso, Frigoríficos Bandeira. A certificación das primeiras canles con etiqueta Vaca e Boi de Galicia, carne galega cento por cento.
Fai poucos días, realizouse a cata da mesma no restaurante compostelán “Finca Trece Pinos”. O acto contou con presenza de industrias, gandeiros, representantes institucionais e medios de comunicación.
Menú degustación Vaca e Boi
O menú degustación Vaca e Boi de Galicia foi executado polos chefs de fama internacional Héctor López López, do restaurante España; Flavio Morganti, do Restaurante Galileo e Javier Rodríguez Ponche.
Os tres executaron un menú moi especial para a ocasión composto por:
- Steak tartar de Vaca galega (elaborado con solombo, punta de contra ou rabiño de croca).
- Bombón de Vaca galega (con croca e babilla ou corte redondo).
- Vaca galega en Tataki (con croca).
- Faixiña de agulla de vaca galega selección (con agulla).
- Ravioli de cabaza recheo de vaca galega (con agulla ou xarrete).
- Espaldiña de vaca galega e chuletón de vaca galega á grella (chuleteiro ou lombo).
E o prato estrela do menú… Vaca e Boi de Galicia (chuletero ou lombo).
Todos os asistentes coincidiron en sinalar o espectacular e exclusivo do mesmo así como a exclusividade e o excelente sabor da carne.
A carne da IGP Vaca e Boi de Galicia comeza agora a saír ao mercado, despois de que o pasado 9 de febreiro certificáronse as primeiras canles da Indicación. O nova IGP Vaca e Boi de Galicia púxose en marcha o pasado mes de xullo e desde aquela xa se inscribiron 265 explotacións, con outras 100 en proceso de sumarse ao selo. Hai 5.091 animais inscritos, unha cifra que crece día a día, dos que 4.992 son vacas e 99 bois.