Skip to content
Carne Galega De Alta Expresión

Carne galega de alta expresión

Mostrámosvos o noso novo vídeo corporativo “Carne galega de alta expresión”. 

En Frigoríficos Bandeira dedicámonos ao sacrificio e despezamento de vacún maior desde o ano 1984, ano no cal José e Avelino Cochón fundaron a empresa. Tanto no mercado nacional como no internacional nosas pezas e cortes de extraordinario sabor converteunos nunha referencia no sector. Día a día esforzámonos para que as nosas reses sexan as máis coidadas e excelentes. As nosas vacas e bueyes proceden principalmente de Galicia, aínda que algúns chegan de zonas próximas como Asturias ou o norte de Portugal, zona xeográfica da península cuxo chan participa da mesma composición mineral.

A alta cualificación de todo o noso persoal colocou a esta empresa no lugar que se merece. Todos os nosos esforzos diríxense a ofrecer ao consumidor o vacún maior mellor coidado e de mellor sabor; unha carne de extraordinaria calidade que elevaremos sempre á súa máis alta expresión.

Aquí deixámosvos o vídeo: podes ver o vídeo

Back To Top