A industria cárnica galega é unha das máis antigas e respectadas en España, cunha historia…
A vaca na literatura galega
Dado que nestes días celebramos O Día das Letras Galegas, queremos desde esta tribuna rendir un homenaxe a figura da vaca en Galicia, o importante que é en xeral para todos os galegos como ben se reflicte en nosa literatura.
Para iso reproducimos un texto do libro “O libro da vaca. Monograría etnolínguistica do gando vacún”, escrito por Pedro Benavente Jareño e Jesús Ferro Ruibal e tamén un texto de Castelao de seu libro “Sempre en Galiza”.
O Libro da Vaca
A vaca, o gando vacún, aparece nos textos literarios galegos cunha frecuencia, probablemente moito máis que noutras literaturas da nosa contorna. Boa parte dos nosos escritores en prosa ou en verso, introducen a vaca, o boi e os becerros na súa obra e fano de dous maneiras, ben como retrato da realidade, como tema que en si interesa, como algo que forma parte de la vida diaria obxecto daobra artística, ben como espello ou metáfora dos máis variados aspectos da realidade humana.
Textos de Rosalía, de Castelao, de Manuel María, de Xosé Manuel Carballo, Dario Xohán Cabana observan a vaca en si mesma con ternura e con respeto. Outros textos de Lamas Carvajal ou de Álvarez Limesas observan a vaca como espello doutras realidades humanas.
En calquera caso,, é esta unha peculiaridade que indica a importancia que tivo a vaca no mundo gandeiro tradicional, que nestes momentos xa case está transferido á ganadería industrial moderna. Non chegou en Galicia a vaca a gozar de veneración relixiosa da India pero tampoco é un animal anodino: é un animal familiar que suscita afectos e que, por momentos, é coma un cristián fóra a alma e figura.
O poeta o escritor galego respira neste clima simbólico e por iso el tamén, consciente ou inconscientemente expresa noutro nivel de elaboración a mesma función creadora do gandeiro anónimo, e se cadra analfabeto, que creou os milleiros de palabras ou creou refráns, adiviñas, cantigas e contos que a vaca é protagonista.
Algúns destes textos que observan a vaca como realidade que forma parte da vida diaria, como ser vivo que é compañeiro fiel, que dá alimento, calor, enerxía e mesmo sustancias fertilizantes; como elemento transcendental da economía campesiña: é decir, como realidade sustantiva, á que se chega a querer e pola que se chora cando more, porque a perda é grande, como chorou Xan da Rúa.
A vaca e o boi como metáfora
A literatura social galega atopou na enorme forza controlada do boio, maternalidade da vaca e no carácter dos dous (pacentes, sufridos e resignados á súa negra sorte) unha metáfora da vida do proletariado galego. Por iso diferentes escritores utilizaron este animal, macho ou femia, como metáfora da realidade social do home galego.
O seguinte é un texto de Castelo extraído do seu libro “Sempre en Galiza”:
A vaca é o símbolo da paz.
Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: “O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.
A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis.
O can será o amparo dos ricos, que defende a propriedade do amo e ladra aos probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres.
Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os “concursos de belleza”.
A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid.
E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.
As “señoritas” que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca.
Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cibdades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade.
O día que nós emitamos papelmoeda non estamparemos nel o retrato dos políticos, nin dos sabios, nin dos artistas; estamparíamos, somentes, a figura dunha vaca, como símbolo da nosa economía humanamente distribuída.
O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa, ergueremos un gran momento cunha vaca en bronce dourado.
Tamén hai razas de vacas, e a mellor é a nosa.
O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.