A carne de vacún é, sen dúbida, a máis apreciada de todas, de maneira que…

A importancia da etiquetaxe e a trazabilidade na carne de vacún
Cada vez existe un maior interese e esixencia dos consumidores para adquirir produtos que demostren unha maior calidade e transparencia en todos os procesos de produción, garantindo aos consumidores a seguridade alimentaria necesaria.
A etiquetaxe da carne de vacún está regulado polo Real Decreto 1698/2003, do 12 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación dos regulamentos comunitarios sobre o sistema de etiquetaxe da carne de vacún.
Na etiquetaxe da carne de vacún indicaranse as mencións obrigatorias seguintes:
- O número de referencia ou código de referencia que debe relacionar inequivocamente a carne co animal ou grupo de animais de que procede.
- O nome do Estado membro ou o terceiro país de nacemento, precedido das mencións, excluíntes entre si, “Nacido en” ou “País de nacemento”.
- Os nomes dos Estados membros ou terceiros países nos que tivese lugar o engorde, precedidos dunha das seguintes mencións, excluíntes entre si: “Criado en” ou “Engordado en” ou “Cebado en” ou “País de engorde”.
- O nome do Estado membro ou o terceiro país no que tivese lugar o sacrificio, precedido da mención “Sacrificado en”, seguida do número de autorización sanitaria do matadoiro.
- O nome do Estado membro ou o terceiro país no que tivese lugar o despezamento, precedido da mención “Despezamento en”, seguida do número ou os números, no seu caso, de autorización sanitaria da sala ou salas de despezamento.
O obxectivo deste sistema de etiquetaxe é dar a máxima información para xerar a máxima confianza no consumidor.
En Frigoríficos Bandeira garantimos a trazabilidade do gando desde a entrada nas nosas instalacións ata a súa saída, permitindo desta maneira reconstruír o historial do gando partindo da explotación de orixe ata o punto de venda.
A trazabilidade da carne de vacún é un proceso máis complexo que a trazabilidade doutros alimentos. Inclúe desde cuestións que teñen que ver coa cría do gando nas granxas -e mesmo o paso previo, a concepción do animal- e o seu posterior sacrificio nos matadoiros ata as que teñen que ver coa posterior transformación da carne, distribución e venda.
Como xa comentamos máis dunha vez neste blogue (ver “A trazabilidad da carne de vaca”), os alicerces da trazabilidad da carne son dúas:
- O sistema de identificación e rexistro dos animais, que é o que vai desde o seu nacemento ata o seu sacrificio.
- A etiquetaxe obrigatoria da procedencia da carne, que é o que vai desde o seu sacrificio ata que o produto cárnico chega ao consumidor.
Fai xa máis de dúas décadas que o sector vacún español leva a cabo un minucioso control de todo o proceso produtivo, co obxectivo primordial de garantir a seguridade alimentaria da carne de vacún.